O xacemento
paleolítico de Porto Maior (As Neves - Pontevedra) foi descuberto a finais do ano 2005 polo
experto en arqueoloxía Manuel Ledo, con motivo da realización de obras na zona.
A importancia do depósito era palpable desde o primeiro intre, xa que nese momento
era o único xacemento galego con varios niveis con ferramentas do Paleolítico Inferior no contexto dunha secuencia estratigráfica desenvolvida. Tendo en
conta o interese deste depósito o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), baixo a
dirección da arqueóloga Rosa Villar, realizou unha primeira intervención de
limpeza que puxo de manifesto o tremendo interese científico do lugar.
Os traballos
actuais
Depósito paleolítico de Porto Maior ( © IEM - 2013) |
Os
resultados
Depósito paleolítico de Porto Maior ( © IEM - 2013) |
A importancia
da estación paleolítica de Porto Maior
Bifaz Porto Maior ( © IEM - 2013) |
- · A cronoloxía dos niveis principais do xacemento, poderían exceder os 400.000 anos de antigüidade, e polo tanto seríanos as evidencias máis antiga da presenza humana en Galicia e unha das máis antigas, da tecnoloxía achelense, en toda a Península Ibérica.
- · A longa sucesión de estratos con mostras de ocupación paleolítica, onde se documentan ata catro niveles de ocupación do Paleolítico Inferior, faia unha das máis completas a escala peninsular, para un depósito ao aire libre.
- · A documentación dunha extensa e deliberada acumulación de grandes machados de pedra, polo tanto as de maior tamaño coñecido na Península Ibérica e boa parte de Europa, era totalmente descoñecida no continente ata o momento. Este tipo de comportamento é ben coñecido nos xacementos deste tipo do Val do Rift africano, pero a súa función é aínda unha incógnita.
- · A cronoloxía do xacemento, que pode exceder os 400.000 anos de antigüidade e a presenza deste nivel de ocupación tan especial, converte ao xacemento de Porto Maior nun dos depósitos arqueolóxicos máis importantes e singulares de Galicia, pero cuxa transcendencia excede este ámbito e colócao como un dos máis importantes a escala europea no contexto das primeiras ocupacións humanas continentais.